O programa de doutoramento en “Creatividade e innovación social e sustentable” é unha iniciativa institucional do campus de especialización de Pontevedra, Campus CREA S2i, da Universidade de Vigo, que pretende reforzar a contribución da universidade a liñas prioritarias e retos sociais e globais establecidos, no ámbito da saúde, do medio, da comunicación, da educación e cultura e da gobernanza desde un enfoque transversal.

Está deseñado como un programa innovador, de carácter transversal, que busca estudar e aplicar solucións creativas aos desafíos da sociedade actual desde diferentes ámbitos, explorar novas formas de innovación e, á súa vez, entender o modo en que se desenvolven, conseguen os seus fins ou fracasan.

Se premes no recadro de abaixo poderás descargar a memoria completa do Programa de doutoramento creatividade e innovación social e sustentable.

Memoria doutoramento CREA 0,3Mb

 

Organización

Coordinadora

Comisión académica:

  • María Ángeles Cancela Carral (Presidenta)
  • Rosa María Ricoy Casas (Secretaria)
  • Ana Belén Fernández Souto
  • María Dolores Dopico Aneiros
  • Juan Picos Martín
  • Antonia Blanco Pesqueira
  • Maria Carmen Iglesias Pérez
  • Enrique María Valero Gutiérrez del Olmo
  • Celso Cancela Outeda
  • Miguel Cuevas Alonso