| Actividade | Duración | Carácter | Descrición |
|---|---|---|---|
| Seminario de presentación de liñas de investigación | 5 horas | Obrigatorio | O persoal investigador do programa presentará as liñas e subliñas de investigación do doutoramento que orienten ao estudantado cara ao deseño dunha proposta de tese de doutoramento de carácter transversal |
| Seminario de metodoloxía de investigación | 20 horas | Obrigatorio | Principais tendencias e aproximacións á investigación. Aproximacións metodolóxicas. |
| Seminario de Investigación: busca, uso ético, difusión e publicación da información científica | 32 horas | Obrigatorio | Mecanismos para a pescuda e a divulgación científica dos resultados da investigación. |
| Seminario de investigadores: a carreira académica, os proxectos de investigación e as publicacións científicas | 16 horas | Obrigatorio | Experiencias de investigadores. Carreira de investigación, proxectos, estrutura e organización de entidades relacionadas coa investigación. Temas específicos das liñas de investigación. |
| Seminario de comunicación escrita en inglés | 12 horas | Obrigatorio | Destinado a mellorar as habilidades para a difusión científica a través das publicacións en inglés. |
| Seminario de comunicación en público | 12 horas | Obrigatorio | Destinado a mellorar as estratexias de comunicación en público dos resultados da investigación. |
| Presentación de comunicacións en Congresos Científicos | Obrigatorio | O estudantado deberá participar, polo menos, en dous congresos científicos nacionais ou internacionais ao longo do seu período de formación, nos que presentará unha contribución científica en forma de comunicación ou póster. | |
| Elaboración e defensa do proxecto de tese | Obrigatorio | Ao rematar o ano o estudantado terá que argumentar e debater a viabilidade do seu proxecto de investigación ante un tribunal de especialistas. | |
| Defensa do plan de investigación e avaliación de actividades | 3 horas | Obrigatorio | Realizarase unha presentación e defensa do plan de investigación e avaliación de actividades ao termo de cada ano de doutoramento. |
| Seminario de Metodoloxía de Investigación Cualitativa | 4 horas | Opcional | Destinado á aprendizaxe de métodos cualitativos de analise. |
| Seminario sobre bases de datos normativas e enfoque politolóxico instrumental para a tese | 4 horas | Opcional | Coñecemento do emprego de bases normativas e analise de politicas públicas en contornas institucionais. |
| Seminario: O método comparativo na elaboración das teses de doutoramento | 4 horas | Opcional | Este seminario pretende aproximar ao estudantado as características do método e a análise comparada. |
| Estadías de investigación | Opcional | Recomendarase e animarase ás persoas doutorandas a realizar estadías formativas de investigación en universidades nacionais ou estranxeiras e/ou institucións de recoñecido prestixio, coa fin de mellorar e ampliar a súa formación investigadora e o coñecemento de liñas e tendencias no ámbito de estudo ao que se refire a súa tese de doutoramento. | |
| Publicacións científicas | Opcional | O estudantado deberá participar de forma activa na redacción de artigos que recollan os resultados da súa investigación con vistas á súa publicación en revistas de carácter científico. |
Curso 2025/2026
Actividades Formativas 2025/2026