O Programa de Doutoramento impártese na Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo, que conta cos recursos materiais e servizos adecuados para a impartición deste programa.
Nela existen aulas-seminario convenientemente adaptadas para a impartición a grupos reducidos das actividades formativas do programa. Están dotadas de canón de vídeo, computador e conexión sen fíos a Internet, ademais de lousas e pantallas de proxección.
Laboratorios
O edificio da escola dispón de laboratorios para o desenvolvemento de prácticas, traballos, exercicios ou proxectos de carácter teórico-práctico con uso de tecnoloxía específica.
Conexión sen fíos
O edificio da escola dispón de conexión sen fíos á rede da universidade e, a través dela, a Internet. Todos os membros da comunidade universitaria teñen acceso a este servizo mediante clave vinculada á súa conta de correo persoal proporcionada pola universidade.
Web da Escola de Enxeñaría Forestal
Ferramenta de traballo indispensable para poder manter informado ao doutorando sobre os aspectos xerais e básicos do centro. Nesta web, cuxa xestión se realiza na mesma escola, haberá unha ligazón á páxina web propia do Programa de Doutoramento, na que se recollerá a información máis específica sobre o mesmo (datas de matrícula, criterios de admisión, actividades formativas, horarios, titorías, etc).
Recursos docentes en Rede
Como apoio á actividade docente presencial, a Universidad de Vigo pon a disposición do profesorado a plataforma informática MOOVI con recursos en liña destinados á teleformación.
Servizo de cafetería e restauración
O centro dispón de servizo de cafetería, ademais de máquinas de café, bebidas e alimentos para toda a comunidade. Por outra banda, existen fontes de auga potable de libre disposición.
Ademais dos expostos, a Universidade de Vigo conta con outras oficinas e servizos centralizados que resultan de interese e utilidade para os efectos da impartición do Programa de Doutoramento, entre os que cabe destacar os seguintes:
- Oficina de Relacións Internacionais
- Oficina de I+D
- Área de Normalización Lingüística
- Servizo de Apoio á Investigación
- Servizo de Publicacións
Finalmente, tamén habemos de deixar constancia dos servizos técnicos de mantemento e reparación dos recursos materiais e informáticos cos que conta a Universidade de Vigo, dependentes da Vicerreitoría de Planificación: