Programa de Doutoramento en Creatividade e Innovación Social e Sostible
O programa de doutoramento en “Creatividade e innovación social e sostible” é unha iniciativa institucional do campus de especialización de Pontevedra, Campus CREA, da Universidade de Vigo, que pretende reforzar a contribución da universidade a liñas prioritarias e retos sociais e globais establecidos, no ámbito da saúde, do medio, da comunicación, da educación e cultura e da gobernanza desde un enfoque transversal.
Está deseñado como un programa innovador, de carácter transversal, que busca estudar e aplicar solucións creativas aos desafíos da sociedade actual desde diferentes ámbitos, explorar novas formas de innovación e, á súa vez, entender o modo en que se desenvolven, conseguen os seus fins ou fracasan.
