Obxectivos

  • Formar os mellores profesionais e investigadores e desenvolver unha cultura de investigación en creatividade e innovación; fomentar o cambio cara a unha cultura da innovación que potencie valores como a creatividade entre outros e, á súa vez, xerar un compromiso do conxunto ciencia e innovación.
  • Capacitar as persoas con novos coñecementos e habilidades desde una perspectiva interdisciplinaria.
  • Xerar investigación de calidade e impacto internacional.
  • Investigar e aplicar solucións creativas innovadoras aos problemas sociais e proporcionarlle ao estudantado as mellores ferramentas para mellorar a súa competitividade e afrontar os desafíos dun mundo globalizado e en constante transformación.

 

Competencias

Competencias básicas

(Establecidas polo RD 861/2010)

CB1
Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e dos métodos de investigación relacionados con este.

CB2
Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.

CB3
Contribución á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

CB4
Realización dunha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.

CB5
Capacidade de comunicarse coa comunidade académica e científica, e coa sociedade en xeral, sobre os seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.

CB6
Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, do avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

 

Capacidades e destrezas

(Establecidas polo RD 861/2010)

CA01
Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.

CA02
Encontrar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.

CA03
Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.

CA04
Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinario.

CA05
Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.

CA06
Criticar e defender solucións intelectualmente.

 

Competencias xerais

CG1
Capacidade de analizar elementos, dinámicas, procesos, contornos e situacións complexas e innovadoras relacionadas cos ámbitos e liñas do programa.

CG2
Capacidade de reflexionar e formular xuízos críticos e éticos, con responsabilidade social e científica, sobre as problemáticas expostas en torno aos ámbitos e liñas do programa.

CG3
Capacidade de crear coñecemento a través dunha investigación orixinal relacionada coa innovación e a sustentabilidade nalgún dos ámbitos e liñas do programa.

CG4
Capacidade de aplicar os coñecementos aos novos contornos para formular e resolver novas preguntas, para presentar e contrastar novas hipóteses.

 

Competencias específicas

CE1
Capacidade de observar e analizar con rigor científico os diversos fenómenos relacionados co ámbito da investigación seleccionada e identificar os principais retos de investigación.

CE2
Capacidade de formular obxectivos, hipóteses e deseñar proxectos de investigación orixinais no marco dalgún dos ámbitos ou liñas do programa.

CE3
Capacidade de escoller, avaliar e sintetizar ideas procedentes da literatura de referencia no ámbito de investigación seleccionado, en función dos obxectivos formulados e da planificación do proxecto de investigación deseñado.

CE4
Capacidade de seleccionar e manexar as ferramentas metodolóxicas e conceptuais máis adecuadas para levar á práctica os proxectos de investigación e verificar a validez das hipóteses propostas.

CE5
Capacidade de xerar conclusións relevantes e fundamentadas a partir da posta en práctica dun proceso de investigación rigoroso en termos académicos e científicos.

CE6
Capacidade de divulgar a propia investigación en contextos e foros académicos, para demostrar a capacidade de debate e reflexión científica, ou en publicacións de referencia a nivel nacional ou internacional.

 

Competencias transversais

CT1
Capacidade de resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.

CT2
Capacidade de utilizar a creatividade para a innovación e a adaptación ao cambio.

CT3
Capacidade de xestionar o tempo de forma eficiente, con habilidade, para a organización de tarefas.

CT4
Capacidade de asumir as responsabilidades sociais e éticas no desenvolvemento dos traballos de investigación.

CT5
Capacidade de comportarse con respecto á diversidade e á multiculturalidade.